jueves 29 de octubre de 2009

D. Jorge Tuñas, Alcalde de Negreira, recibiu á Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia

D. Jorge Tuñas, Alcalde de Negreira, recibiu á Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia
ver vídeo en el blog

NEGREIRA. 25/10/2009. 11:30h
Marisa Fernández (Equipo Base ruta galego-portuguesa)


El gaitero Juan nos deleitó con varias piezas interpretadas con la Gaita Peregrina


Chegamos a Negreira á Praza do Concello, estaban a esperarnos e a megafonía anunciaba a nosa chegada, as bandeiras e os aplausos ían crecendo.

Jorge Jesús Tuñas, Alcalde de Negreira, María Jesús Veiga acompañados por máis concelleiras e Pedro Fernández o noso querido amigo correspondente de guerra e máis amigos acompañaban o acto.

A Escola Municipal de Teatro, baixo a dirección de Sandra Chapela realizou unha obra de Teatro escenificando o desarmamento pola acción non-violenta da beleza, a música, a alegría e o bo humor.

Houbo intervencións do Alcalde, onde agradecía o que estivésemos alí, Marisa Fernández como membro do Equipo Base da Ruta galego-portuguesa, agradeceu a Negreira e explicou os motivos desta marcha e a súa inspiración e fixo entrega dos Documentos da Marcha Mundial, que se entregan a todas as autoridades por onde pasa a Ruta.

  • Manifesto da Marcha Mundial
  • Protocolo de Hiroshima e Nagasaki
  • Carta para un Mundo sen Violencia
  • A Curación do Sufrimento

E Mercedes Fortes como membro do Equipo Base da Ruta galego-portuguesa deu lectura ao Manifesto da MM.

O gaiteiro Juan deleitounos interpretando maxistralmente diversas pezas coa Gaita Peregrina pola Paz e a Non-Violencia.

Tamén entre aplausos, bicos e abrazos seguimos Ruta destino Santiago.

Ver fotos:
http://picasaweb.google.com/imagenpressenzaspain/1DiaRutaGalegoPortuguesaConLaMMNegreira#